SriLankan Airlines

SriLankan Airlines é a aeroliña nacional de Sri Lanka é un membro da alianza Oneworld. É a aeroliña máis grande do país en número de avión e edestinos. Fundouse no ano 1979 co nome de Air Lanka tras o peche da anterior aeroliña de bandeira, Air Ceylon. Despois da súa adquisición parcial por parte de Emirates en 1998, foi rebautizada e introducíuse a presente librea. Tras rematar a colaboración con Emirates a compañía continuou usando o mesmo nome e a identidade gráfica. A aeroliña opera voos a 105 destinos en 47 países dende o seu centro de conexións principal no aeroporto internacional Bandaranaike, preto de Colombo. A súa sede está nas istalacións do propio aeroporto. SriLankan Airlines uniuse o 1 de maio de 2014.


Developed by StudentB